Listen

Description

Edición número 1433 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 10 de xaneiro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 11 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 15 a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 18, tamén de xaneiro, na sintonía de Rádio Filispim.

Esta semana pechamos o noso repaso aos mellores discos galegos do pasado ano. Desvelamos que traballos ocupan os seis primeiros postos da nosa listaxe. A Pedreira, con “Basal”, asina o que na nosa opinión é o mellor disco galego do pasado ano 2024:

6. Hilario Rodeiro: “Pausa”. Errabal Jazz.
5. Carme López Carmela: “Vinde todas”. Carme López.
4. Baldo Martínez: “Música imaginaria”. Karonte.
3. Abe Rábade Trío: “Tempo de cor”. Karonte.
2. Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre: “Axúdame a sentir”. Músicas de salitre.
1. A Pedreira: “Basal”. Raso.