Edición número 1438 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 14 de febreiro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 15 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 19 a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 22 na sintonía de Rádio Filispim.
Estruturamos o programa desta semana en dous bloques diferenciados. No primeiro, entramos de cheo na fusión internacional cos novos discos de Jupiter & Okwess e da banda Dowdelin. Na segunda parte do programa desprazámonos até Finlandia para escoitar “Joku raja rakkaudessakin” (No amor tamén debe haber algún límite), o novo traballo dos Pauanne. Descubrimos, ademais, o disco colaborativo “Nouse luonto” (Arriba, natureza), onde participan diferentes artistas de Finlandia. O obxectivo do disco é fondamente político: o disco foi creado como mecanismo de defensa e conversación da biodiversidade do país nórdico. Colaboran, entre outros nomes, Kimmo Pohjonen, Maria Kalaniemi, Maija Kauhanen e Akkajee. Na recta final do programa seguimos a explorar o repertorio do novo disco da banda UTU.