Listen

Description

Edición número 1445 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 4 de abril a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 5 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 9 de abril a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 10 na sintonía de Rádio Filispim.

“Xeografías”, o novo disco de Sofía Espiñeira, xa está nas tendas. Funciona como unha reflexión sobre o corpo, entendido este coma un territorio físico que ocupa un espazo dentro na natureza. A natureza, en si mesma, devén a casa onde o corpo vive. Este é un dos nosos discos destacados da semana. Escoitamos, ademais, os novos sinxelos de Fillas de Cassandra, Casapalma e Rodrigo Leão. Na segunda parte do programa descubrimos “Chiripa”, disco creado polo artista vigués Marco Maril. Este traballo foi construído usando técnicas e estratexias de composición autoxenerativa, mais sen botar man da IA. Completamos o programa con Maria João e o dúo Marco Mezquida & Lina.