Listen

Description

Edición número 1453 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 30 de maio a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 31 na sintonía de Cuac FM A Coruña, Rádio Filispim e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 4 a través de Radio Crónica Folk Musical.

Noa Lur leva algunhas semanas a presentar “Multipolar”, o seu último disco. É un traballo multirreferencial tanto a nivel musical coma ontolóxico. Dámos nel con elementos marcadamente soul, alén dos puramente jazzísticos, mais tamén con ecos de rock progresivo, jazz eléctrico e mesmo pop de vangarda. Escoitamos tamén “Music for Roads”, o novo disco do dúo finlandés Tuomo & Markus. Gravárono coa complicidade Verneri Pohjola á trompeta, e mesmo botaron man do talento de Marc Ribot para rexistrar unha peza. Completaremos o programa coas últimas pezas para Agogo Records de Mo’Horizons e Krajenski, antes de pechar o programa co excepcional novo disco da banda sueca Cosmic Ear.