Edición número 1454 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 6 de xuño a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 7 na sintonía de Cuac FM A Coruña, Rádio Filispim e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 11 a través de Radio Crónica Folk Musical.
Comezamos botándolle un ollo ás últimas entregas discográficas de Real World, atendendo tanto á discográfica matriz (responsables do novo proxecto dos Rizwan-Muazzam Qawwali ) como ao subselo X (a través do cal veñen de editar os novos EP’s de Eliza Marshall e do dúo Siraba). Na segunda parte do programa visitamos Malawi para escoitar o novo traballo da Madalitso Band, para a seguir gozar co novo da banda congolesa Kin'Gongolo Kiniata. Rematamos o programa coas resonancias ethiojazzísticas dos Ukandanz.