Edición especial corcovadiana.
Do 7 ao 13 do mes de xullo celebrouse en Kaustinen unha nova entrega do seu festival de música folk. Neste programa ofrecémosvos un resumo musical das nosas experiencias polo festival como prensa acreditada. Apoiamos as nosas reflexións na música de Kimmo Pohjonen, Antti Paalanen, Maija Pokela, Loimolan voima, Värttinä, Tallari, Frigg e Emilia Lajunen & Eero Grundström.