Listen

Description

Edición número 1462 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 3 de outubro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 4 na sintonía de Cuac FM A Coruña, Rádio Filispim e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 8 a través de Radio Crónica Folk Musica.

Os primeiros minutos do programa desta semana están dedicados á memoria do grande Pablo Guerrero, recentemente falecido. Estréovos, ademais, o primeiro disco do trío Lontras, xa na rúa dende hai unhas semanas. En clave lusófona, conectarémolos co novo sinxelo do carioca Leo Middea, sen nos esquecer do agardado primeiro disco de Marco Mezquida e Lina. Completamos a páxina de novidades cunha marabilla, o último traballo a dúo de Piers Faccini e Ballaké Sissoko. Na recta final do programa temos tempo para visitar, de novo, a máis recente gravación de Germán Díaz e Benxamín Otero.