Listen

Description

Edición número 1464 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 10 de outubro a través de Rádio Filispim, o venres 18 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 19 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 22 a través de Radio Crónica Folk Musica.

Dende o selo Nordic Notes entran os últimos sinxelos das Tuuletar e de Johanna Juhola, desta volta a dúo coa violinista sueca Lena Jonsson. Estréovos tamén “Oli kerran ryytimassa” (“Era unha vez nunha horta”), o espléndido novo disco de Pekko Käppi e os K:H:H:L. Tédelo nas tendas dende comezos do presente mes de outubro a través de Svart Records. Completamos o programa cos últimos traballos de Maija Pokela, Leija Lautamaja, Teija Niku & Juha Kujanpää e Ne Lintuizet.