Listen

Description

Edición número 1468 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 13 de novembro a través de Rádio Filispim, o venres 14 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 15 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 19 a través de Radio Crónica Folk Musica.

Os arquivos do selo Real World están cheos de material inédito que, de cando en vez, temos a sorte de descubrir. Recentemente, veñen de saír ao mercado dous concertos gravados por Peter Gabriel. O primeiro foi gravado na Big Room situada dentro dos estudos do selo, en plena xira do proxecto “Growing Up Tour” (2002-2003). O segundo rexistrouse durante a primeira edición do Festival WOMAD, aló polo ano 1982. Deste espectáculo puidemos escoitar pezas escollidas ao longo dos anos, mais esta é a primeira vez que temos acceso a todo o material gravado. Se vos parece, no programa desta fin de semana analizamos estes dous discos. Preséntovos, ademais, a reedición do disco “Mary Casio: Journey to Cassiopea”, obra da compositora británica Hannah Peel. Este traballo foi editado no 2017, mais o propio selo Real World vén de presentalo nunha versión mellorada, con son remasterizado. Trátase dunha obra conceptual dunha acentuada natureza emocional, escrita para teclados analóxicos e unha banda de ventos de metal formada por vinte e nove músicos. Temos tempo tamén para escoitar “Orbits”, o noso traballo da banda neozelandesa The Circling Sun.