Listen

Description

Edición número 1480 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 5 de febreiro a través de Rádio Filispim, o venres 6 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 7 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 11 a través de Radio Crónica Folk Musical.

O vindeiro 8 de abril publicarase “Totó”, disco rexistrado ao vivo polo artista brasileiro Vitor Araújo. Gravouno coa Metropol Orkest, e ameaza con ser un dos discos máis relevantes do presente 2026. Co seu último sinxelo, “Toque número 3”, abrimos o programa desta fin de semana. Tamén dende Brasil descubrimos as novas cancións de Leo Middea. O seu novo traballo, “Notícias de Puglia”, ten xa data oficial de saída: terémolo nas tendas a través de Agogo Records o 27 de febreiro. Pechamos este bloque lusófono con Lucas Santtana antes de vos presentar dúas novidades máis. A primeira, “Adwuma”, peza incluída no que vai ser o novo disco do ghanés Kay Slice. Gravouna coa colaboración do grande Gyedu-Blay Ambolley. A segunda, o magnético “San Paolo da Galatina”, asinado por Maria Mazzotta e Raül Refree. Pechamos o programa dende Melbourne co última gravación dos Black Jesus Experience.