Listen

Description

Edición número 1486 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 19 de marzo a través de Rádio Filispim, o venres 20 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 21 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 25 de marzo a través de Radio Crónica Folk Musical.

Natacha Atlas e Samy Bishai veñen de estrear “Somoud”, un potente manifesto contra a guerra onde se denuncia o xenocidio que Israel está a levar a cabo en Palestina. Funciona, ademais, como o primeiro sinxelo do seu inminente novo traballo discográfico. Preséntovos, de igual xeito, os novos sinxelos de Hannah Peel e os L.Y.R. Hannah Peel traballou xunto á percusionista chinesa Beibei Wang para dar vida a “The Endless Dance”, un disco fondamente orgánico gravado en só cinco días. Escoitamos tamén o novo sinxelo dos L.Y.R., “Guernica Jigsaw”, para a seguir estrear o novo dos Pixvae. Afincados en Lyon, mesturan música afrocolombiana con art-rock. Rematamos o repaso á actualidade co último sinxelo de Kay Slice e con “Atracar”, primeiro adianto do que será o novo disco dos Néboa. Completamos o programa dende o país con Abril, MJ Pérez e Antía Muíño.