Edición número 1489 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 9 de abril a través de Rádio Filispim, o venres 10 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 11 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 15 a través de Radio Crónica Folk Musical.
Comezamos o programa con “Toró”, o marabilloso traballo ao vivo gravado por Vitor Araújo coa Metropole Orkest. Sen saírmos do país, descubrimos un disco que ameaza xa con ser un grandes lanzamentos galegos do 2026, “Amorodios”, o novo de Xan Campos. Xa dentro do pop de vangarda, preséntovos a nova gravación do trío L.Y.R., editada polo selo Real World. Pechamos o programa coa escolma “Friends & Neighbors”, disco dixital onde os responsábeis do selo We Jazz repasan os seus temas favoritos de artistas que non pertencen á política editorial do seu selo. Escoitamos pezas do cuarteto Uusi Aika e do artista finlandés Felix Alexander Lybeck.