Listen

Description

Edición número 1490 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 9 de abril a través de Rádio Filispim, o venres 17 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 18 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 22 a través de Radio Crónica Folk Musical.

No programa desta semana ofrézovos unha viaxe de referencias estéticas múltiples. Comezaremos con “Jossain on kai sateenkari vaikkei sitä tähän näy” (En algures hai un arco da vella, mais dende aquí non se ve), o novo e máis que interesante disco de Pelkkä Poutanen —a quen ultimamente escoitamos á fronte do proxecto UTU—. A seguir, escoitamos, saltando de Finlandia até Estonia, os últimos discos das Akkajee e do Duo Ruut. Na segunda parte do programa estréovos os novos sinxelos de Momo e Fatouma Diawara —ámbolos dous anticipan discos que serán oficialmente publicados no vindeiro mes de xuño—, antes de pór o punto e final com “Orbital/Luna”, EP do dúo colombiano Rizomagic.