Programa número 940 de O Recanto do Corcovado, emitido o sábado 4 de outubro do 2014. Escoitamos para comezar diversas propostas onde colabora Jorge Pardo: propio proxecto, Zoobazar e Enriquito. Conectámolo co último de Alberto Conde para despois completar a hora coa música que os señores Brown, Reininger e Bodson crearon para o espectáculo de danza contemporánea "Clear tears / Troubled waters".