A noite mais Suave do Rock in Río Tea
Aquí vos deixamos a gravación do programa especial con Los Suaves. Despois dun emotivo acto no parque da Feira Vella onde Charly e Tino descubriron a pedra dedicada á súa banda no paseo do Rock and Roll, volvemos a sacar os micrófonos de Sempre Queda o Rock para gravar un dos programas mais especiais dos 66 que levamos ás costas. Seguro que non vos fai falta escoitalo para saber da grandeza desta banda que leva 35 anos no mais alto, pero se o facedes descubriredes a inmensa calidade humana de Charly e Tino, o que sen dúbida explica o porqué do seu éxito. Os ourensáns Derroche puxeron a guinda interpretando tres cancións en acústico conseguindo emocionar ao numerosísimo público empezando por Charly e Tino, quen trala finalización do programa nos deron outra lección atendendo a todo o mundo que se quería acercar a eles para que lles firmasen un disco ou simplemente para darlles un abrazo, aínda que hoxe madrugaban para saír cara a Londres, onde seguirán coa súa xira de despedida. Oxalá as bandas novas tomen nota. Isto é actitude. Isto é Rock&Roll.