Listen

Description

Esta capítulo do mes de maio está dedicado integramente á música tradicional, ás nosas cantareiras, homenaxeadas no Día das Letras Galegas. Recollemos recomendacións lectoras arredor do patrimonio oral musical e entrevistamos a Montse Rivera, fundadora do senlleiro grupo Leilía que, con Felisa Segade, están a desenvolver o espectáculo “Axudádeme a cantar” para público mozo, vinculado á obra de Marcos Calveiro “Agora que vén a noite”, editado por Galaxia. Falamos tamén coa cantareira Maite Casás, que botou para nós dúas pezas ao ar. No apartado de bibliotecas, falamos coa responsable da Biblioteca de Rianxo, Sofía Carou e con Xosé Luis Dopico, da biblioteca do CEIP Brea Segade de Rianxo. Enfía o capítulo a música de Leilía e fondo musical da Biblioteca de Rianxo e do cancioneiro tradicional elaborado pola comunidade educativo do CEIP Brea Segade. Entre coplas e libros fixemos este podcast Luz Pérez e Eva Mejuto nos micros, Denis Losada na técnica e Belén Freijeiro na produción.
O podcast Entreliñas é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.