Listen

Description

No capítulo deste mes poñemos o foco no Ano Castelao, arredor da poliédrica e inmensa figura do autor, artista e político galego. Falamos con Manuel Rei sobre a obra "Castelao, desta terra e deste tempo” e con Montse Fajardo sobre “A vida incerta”, a biografía de Virxinia Pereira Renda. Achegámonos ao Museo de Pontevedra, onde están conservados os fondos e a obra do autor, para escoitar a súa directora Ángeles Tilve. Quixemos saber máis sobre a exposición “Castelao. Mirar por Galicia”, unha experiencia de arte dixital que está na Cidade da Cultura e preguntámoslle aos comisarios Miguel Anxo Seixas e Carlos Seijo. E no apartado de clubs de lectura, Nee Barros achéganos a actividade lectora de Avante LGBT Pontevedra. Escoitamos o único rexistro da voz de Castelao, grazas ao Arquivo sonoro de Galicia, do Concello da Cultura Galega e enfiamos os contidos coas músicas “Irmao Daniel” da Quenlla, “Lela” de Carlos Núñez na voz de Dulce Pontes e a versión orixinal da Rianxeira.

Fixemos este podcast Luz Pérez Costas e Eva Mejuto nos micros, Denis Losada na técnica e Belén Freijeiro na produción.