Nesta terceira xeira do podcast incorporamos a voz de Luz Pérez Costas ao equipo de Entreliñas. Entrevistamos a Fina Casalderrey e falamos sobre o conxunto da súa obra e das súas recentes candidaturas aos premios Hans Christian Andersen e Astrid Lindgren. Asistimos ao renacer da revista Criaturas de Literatura Infantil e Xuvenil, da man de Daniel Landesa, Miguel Vázquez Freire e Tensi Gesteira. Ledicia Costas falounos de “Feriópolis”, a obra coa que vén de ganar o Premio Barco de Vapor. E acompañamos a Remedios Cid na nova ruta por Ourense Occidental da biblioteca móbil da Xunta de Galicia, a Furgoteca. Todos estes contidos enfiados coa voz e a música de faia, co seu último traballo: “Alvela”; os temas que nos acompañan son “Toutón”, “Dona Alvela” e “E se queres”. E unha lembranza moi especial para o noso querido Marcos López, impulsor deste podcast, coa súa canción preferida de Mondra: “Quererse ben”. E queréndonos ben, entre libros, fixemos este podcast Eva Mejuto e Luz Pérez Costas aos micros, Denís Losada na técnica e Belén G Freijeiro na producción.