Listen

Description

Este capítulo de Entreliñas ten premio, que é o tempo e as palabras coas que nos agasallaron Marilar Aleixandre, para falar do Premio Nacional de Literatura obtido pola obra 'As malas mulleres' (editada por Galaxia) e Ismael Ramos, para conversar sobre o Premio Nacional de Poesía Xove que recibiu polo seu poemario 'Lixeiro' (editado por Xerais).

Tamén debullamos, coas súas impulsoras, o proxecto 'Bibliofogar' da Biblioteca Pública Municipal Luis Seoane de Soutomaior, unha iniciativa que recibiu o premio á Innovación Bibliotecaria na categoría de municipios de ata 10.000 habitantes.

E todo isto enfiado coa música dun dos grupos revelación da música galega actual, As fillas de Casandra, que veñen batendo forte co seu primeiro disco: 'Acrópole'. Pedímoslles prestadas as cancións 'Lisístrata' e 'Antígona' para esta achega entreliñada.

O capítulo foi guiado por Teresa Cuiñas e Eva Mejuto con Denís Losada ao cargo da técnica e do son.