Listen

Description

Os camiños en que se cruzan a ciencia e a literatura constitúen o itinerario do sexto episodio de Entreliñas. Entre figuras literarias e neuronas, conversamos coa poeta Estíbaliz Espinosa e coa xornalista e escritora María Solar e recomendamos a lectura do álbum ilustrado da científica Luisa Martínez, Que teñen que ver as vacas co cambio climático?

Tamén visitaremos a Biblioteca Juan Compañel de Vigo para falarmos coa técnica Cristina García Parga e atenderemos ás recomendacións lectoras de Carlos Coira, da libraría Trama de Lugo.