Listen

Description

Este capítulo de Entreliñas ten como foco a memoria dos contos e a narración oral. Durante séculos os contos foron a primeira e a única escola, o lugar de encontro e acubillo das persoas que, arredor da lareira, espantaban o medo. E da historia e da actualidade da narración oral galega falamos con Paula Carballeira, Soledad Felloza e Caxoto, tres contadores senlleiros que percorren o país enchendo de historias as prazas, as aulas e os teatros. A música que nos acompaña é “Morra o conto” e “Pepa”, da Banda da Loba e as Tanxugueiras. Entreliñas somos Belén García Freijeiro na produción, Marcos López e Eva Mejuto na redacción e Denís Losada na técnica.