#Destacadas:
📽29´
ACOE - Asociacion de Comerciantes de A Estrada e Minicines Central convídante ó cine neste mes de febreiro por mercar no comercio local. Escoitamos ó presidente dos comerciantes Alfredo González.
🙋♀️40´
#ORuralEsquecido. Hoxe Merche Nodar Sanmartin convidounos a visitar de novo a parroquia de #Escuadro, no Concello de Silleda, concretamente a #Penamoa e tamén, falounos da historia deste lugar de culto entre cristiá e pagán, das lendas e historias que a rodean... e da súa festa: o 2 de xullo, santa Isabel de Penamoa.
🥕68´
Dende o colectivo #ACasaVella, de Tabeirós, organiza un curso de #HortaOrgánica impartido por Oscar Fernández Cutrín de #EvidaHortaOrgánica, #Paradela.
Un curso moi completo dividido en dúas tardes e que aboradará tódolos puntos a ter en conta para comezar a producir na casa os teus propios alimentos. Inscripcións nos teléfonos #nº656280806 e #nº666807873
🤣84´
#Gerundina quere facer labores de reporteira, enviada especial... como por exemplo ir ata #Escuadro a retransmitir a romaría pero, que Radio Estrada 107.7 lle cubra tódolos gastos: #coche., #gasoil, #churros, #polbo, #café... as dietas como ela di e engadiu que non nos queixemos porque "a información non ten prezo".
🐟93´
Calquera día, e por encarga, podemos comer #lamprea na taberna O Quinteiro.
Mañán sorteamos un #CocidoX2 e aínda estás a tempo de participar.
Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)