Listen

Description

#Destacadas:
🎼9´
#MércoresDeTemazos... soaron The Beatles The Cranberries Los Marea Oficial Lady Gaga Plain White T's Marc Anthony Juan Pardo Steve Miller Band...
🙋17´
#Bingochada. A asociación comisión de festas #SantaMariña de #Ribela celebrará o domingo 9 un #xantar popular e posterior #bingo con sorteo de agasallos. Si queres asistir, espabila que hoxe mesmo remata o prazo de reserva! Contóunolo o presidente da asociación, Ángel Vilar.
Ribela A Estrada RibelaRibela - A Estrada
🙋‍♀️41´
#ColectivoSordos. O Concello A Estrada porá en marcha unha serie de actividades para persoas sordas. Contóunolo a #concelleira Amalia Goldar que nos puxo ó día de outras novas dende o seu departamento.
♦️65´
#TorneoTruco. O sábado, o Club Deportivo Estradense celebra a 2ª edición do seu torneo de truco. Xa se supero o número mínimo de parellas e agardan chegar ó máximo e polo tanto, amplían prazo de inscripción ata o venres 7. Premios importantes, #barra, #comida... Falamos con Carlos Gomez Figueiras
🎂83´
#30AniversarioRadioEstrada O 1 de marzo celebramos o noso aniversario e o primeiro evento deste ano por este motivo. Gustaríanos que nos acompañásedes no programa especial e en directo que faremos dende o Teatro Principal A Estrada
🍲95´
#CocidoX2 O cocido de hoxe de taberna O Quinteiro gañouno #Manuel e xa está pensando que día ir, e pode ser mañán, xa que os #xoves é o #DíaDeCocido!

Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)