Listen

Description

#Destacadas:
🍓1h
Lembramos que o venres teremos a 3ª edición da #BerryCiderFest na finca de Biofruit Galicia en Ancorados, A Estrada. Está organizada conxuntamente con #MaceiraESidra. Escoitamos a Javier Agrelo Lopez
🎻1h10´
Hoxe tivemos o pracer de falar de novo con @Nando Casal, un dos músicos fundadores do grupo @Milladoiro, que conta xa con 46 anos de historia.
Este venres estarán de concerto na Praza da Feira, no Concello de Cuntis, e a cousa promete.
⚽️1h29´
O Club Deportivo Estradense presenta hoxe a plantilla para a vindeira tempada e disputará un encontro amistoso co Pontevedra Club de Fútbol SAD.
O presidente do clube estradense adiantounos que aínda nos darán algúnha sorpresa con fichaxes de última hora.
🍕1h37
O venres, sorteo con Mr. Pizza A Estrada Participa!

Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina
nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)