Listen

Description

#Destacadas:
#FelizAnoNovo a todas e todos!
😋26´
Para comezar o ano recibimos unha vez máis o #roscóndereis que Javier de la Iglesia Arte floral lle regalou a #Gerundina e a todo o equipo desta emisora. 😍
🪵39´
Hoxe retomamos o traballo e a primeira en visitarnos foi Merche Nodar Sanmartin coa que falamos de tradicións galegas de nadal como o #tizón, o #bacallaoconcoliflor, a #árbore... Ademais, convidámola a que seguira no programa para falar do seguinte tema.
🐝62´
E o seguinte tema foi #AsAlvarizas. Damián Porto e @Francisco Azurmendi recopilaron durante 10 anos información escrita e gráfica das alvarizas de terras de #deza e #serradocandán, e presentarán o seu catálogo este vindeiro sábado no #MOME. Estarán acompañados pola #apicultora Mar Brea Botana.
Un libro publicado dende a Asociación Cultural "Vagalumes" Tabeirós Montes co financiamento da Deputación Pontevedra.
📅78´
Cada un que faga o que prefira pero hoxe tentamos poñer data límite para felicitar o ano novo e as opinións van dende ata o 1 de xaneiro, ata a fin de semana da semana de reis, ou incuso todo o ano. Ti que opinas?

Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)