Listen

Description

#Destacadas:
🎞19´
Lembramos o convenio entre Minicines Central e ACOE - Asociacion de Comerciantes de A Estrada: por mercar no comercio local gañas entradas para ir ó cine. Escoitamos a Alfredo González.
🥦24´
O colectivo #ACasaVella programa un curso de #HortaOrgánica que se celebrará o 15 e 22 de febreiro en #Tabeirós e que impartirá Oscar Fernández Cutrín.
🎼32´
A Banda de Música Municipal da Estrada participará mañán sábado no programa Convergências, en #Braga, xunto ó grupo portugués Canto D'aqui. Falamos con Álvaro Varela Ferradáns
🏆50´
Mañán celebrarase o 2º #TorneoDeTruco do Club Deportivo Estradense e según nos contou Carlos Gomez Figueiras, ata hoxe venres está aberto o prazo de inscripción.
💘60´
E tamén podemos reservar mesa para a #CeaBaile de #SanValentín que organiza a #comisión de festas Sanpaio2024 para o sábado 15 no Pazo de Xerlis
🍲71´
Hoxe foi moi ben a participación no concurso de taberna O Quinteiro. O vindeiro mércores sortearemos un #CocidoX2
📽92´
Pedro Pérez convidou hoxe a #ZeltiaOuteiriño directora do documental #FilmeiPaxárosVoando, nominado ós #MestreMateo Academia Galega do Audiovisual e que hoxe venres, ás 19, proxectarase en Minicines Central. Ela mesma asistirá a este pase para participar nun posterior coloquio.
E por outra banda, Pedro tamén nos contou, fíxo un #pitch realmente, dunha futura película coa trama de todo o que está a pasar a redor da actriz Karla Sofía Gascón Emilia Pérez Film

Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)