#Destacadas:
🤘12´
#MércoresDeTemazos Hoxe soaron Black Sabbath, Gloria Trevi, LAMATUMBÁ, Official Emir Kusturica, Russkaja, Jennifer Lopez...
👉34´
O Concello A Estrada modificou o horario de carga e descarga na rúa Irida para atender as queixas da veciñanza por ruídos.
👉36´
O Concello de Silleda saca de urxencia a contratación de 4 persoas para o Servizo de Axuda no Fogar.
🪗47´
No sorteo de hoxe despachamos outra camiseta e outro vale de consumición para o sábado no festival Folk De Raiz e ademais, soubemos de @sororas.gal, que se encargarán dos xogos da tarde.🎷1h08´
O 26 deste mes, a Banda de Música Municipal da Estrada celebrará a súa festa anual que ten as portas abertas para quen queira achegarse: sesión vermú, xantar, e festa pola tarde na praia fluvial do río Liñares. Díxonos o presidente da agrupación, Carlos Vinseiro Rodriguez, que o prazo para retirar entradas acaba o 21.
🤣1h28´
#Gerundina contounos unha historia que ten como protagonistas a Feijoo, M. Dorado e Jennifer Lopez... ou Jenni Farlopa... algo así.
🍕1h39´
Seguimos recollendo números para o sorteo dunha pizza en Mr. Pizza A Estrada así que participa e que aproveite!
Wild Burger
Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina
nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)