#Destacadas:
1️⃣1️⃣2️⃣11´
Traballadores/as do 112 Galicia súmanse hoxe ás reivindicacións a nivel nacional con unha concentración ás 14:30hrs. de hoxe para reclamar #profesionalización e melloras laborais coincidindo co #DíaEuropeo112. Falamos coa presidenta do comité e traballadora do #112Galicia, Isabel Moares.
👩🏫36´
#ORuralEsquecido centrouse hoxe no #entroido, #carnaval... Merche Nodar Sanmartin falounos das celebracións galegas de interese turístico.
🎭66´
E falando de #entroido, este sábado comezan as celebracións do noso, o dos Xenerais da Ulla. E a primeira cita será este sábado 15 en #Lucí Concello de Teo. Falamos con Rubén Fuentes Sanín, presidente da @A. C. Río Tella
🎂84´
Radio Estrada 107.7 cumpre #30anos en antena. Este 2025 faremos varios actos conmemorativos e o primeiro deles será o sábado 1 de marzo no Teatro Principal A Estrada con un programa especial ó que podes vir de público. Contamos contigo!
🍲92´
Só quedan 3 cocidos e mañán xa sorteamos 1 así que, chama, envía mensaxe... e consigue o teu número para ese regalazo da taberna O Quinteiro: #CocidoX2
Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)