Listen

Description

#Destacadas:
🤣8´18´57´82´93´#Tormenta
Vaia conversa se xerou hoxe arredor da tormento-choiva-vento desta madrugada que practicamente todo o mundo sentiu salvo 3 ou 4 e claro, #Gerundina aproveitou para facer unha lista de persoas sensibles e outra con xente egoísta.
🤘10´ #MércoresDeTemazos
Hoxe soaron Fleetwood Mac, Nana Mouskouri, @catpeopleband, Madonna, Revolver, Céline Dion…
🏎35´ A Estrada Deporte
Contounos e David Carballo que xa está publicada a lista de admitidos/as nos campamentos deportivos deste veran do Concello A Estrada: 👉 www.aestrada.gal e tamén que esta fin de semana temos un campeonato galego de vehículos de radio control no circuito de #Cereixo e que…
⚽️41´
… o #PavillónCotoFerreiro acollerá, tamén na fin de semana, o “VI Torneo Fútbol Sala Concelo da Estrada” con 25 clubes, 85 equipos, 28 hors de xogo en 3 pistas, cantina e xantar e sorteo de agasallos para o público. Jose Manuel Calviño, adestrador e presidente do UD Estrada FS, equipo organizador, contounos tódolos detalles.
👌Este espazo de información deportiva está patrocinado por Talleres Elmacar S.L
🪗66´ #FolkDeRaíz
Chamamos a Tato para darlle os parabéns, a él e a todo o equipo, polo anuncio e preparación da 24ª edición do festival Folk De Raiz que se celebrará en #Callobre o sábado 12 de xullo. Estarán Cé orquestra pantasma Grupo Regatos Mondra e SON DAS TABERNAS … e contarán con actividade xa pola tarde.
Ademais, pronto comezaremos con un sorteo de agasallos, aquí na #Galería, cortesía da organización.
💸96´ #SorteoConcurso
Serías quen de gastar 1.000€ xustos, en media hora, en 15 comercios que che desvelarían xusto antes de comezar? Pois si é así, tes que participar no novo concurso de ACOE - Asociacion de Comerciantes de A Estrada. Escoitamos a Patricia Magariños, a xerente da asociació.

Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina
nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)