Listen

Description

#Destacadas:
🎭13´
Xenerais da Ulla Temos festa tamén o domingo 16 en #Rarís, Concello de Teo. A Comisión de festas San Miguel de Rarís ten todo preparado para unha xornada de entroido que dará comezo ás 9 da mañán e chegará ó campo da festa ás 20hrs. Contounos os detalles un dos #xenerais, Javier Pereira.
🤘28´ e 80´
#MércoresDeTemazos Soaron The Who #LuVega Passenger Oasis...
📌36´
A Estrada Deporte Puxémonos ó día coa axenda deportiva da semana no Concello A Estrada e das últimas novas da proba ciclista O Gran Camiño Cycling que chegará a Estrada o xoves 27 de febreiro.
🏸42´
Ademais, David Carballo convidou a Jesús Pereiro Castro, #adestrador #directortécnico #coordinador do Club bádminton A Estrada. Están competindo a nivel nacional co obxectivo, no mes de maio, de acceder á fase de ascenso, que se celebrará en #Tenerife.
👩‍🏭60´
Acción contra el Hambre- Galicia Acción contra el Hambre España, convocan formación en #loxística e #soldaduraTIG dirixida á mocidade de entre 16 e 30 anos, (soldadura tamén para maiores de 30). Rocío Castro Pombo, técnica inclusión, deunos todos os detalles. Tedes máis info en 👉 https://accioncontraelhambre.org/ e tamén no Concello A Estrada
🍺91´
#Gerundina: "maridaxe #cocido con #cervexa, susto ou morte?" Ti que cres? Esta foi a pregunta de hoxe para sumarse ó sorteo dun #CocidoX2 que por certo, gañou #MCarmen.
Mañán comezamos nova lista e só quedan 2 sorteos!

Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)