#Destacadas:
👨🏫14´
Dende o Concello de Vedra, o concelleiro de obras e servizos, Enrique Vazquez, informounos dos verquidos de residuos ilegais, como o último que apareceu na parroquia de Illobre.
🙋♀️27´
#Gerundina insiste que si vos aptece participar, o sábado 26 de xullo, á noitiña, aquí na vila da Estrada, quedaremos para coñecernos os que facemos #AGalería: nós e vós. Si vos apetece, avisádenos!
🥚1h6´
Ana Adán, de Acción contra el Hambre- Galicia, presentounos hoxe a outra compoñente do #clubedeemprendemento: Sinda Tosar. E esta falounos do seu negocio co que leva xa máis de 5 anos: Ovos de Remesar. Podemos mercar os seus ovos no Foxo, na praza do mercado cada sábado e indo tamén á súa casa. Tamén surte a hostelería estradense.
👉1h33´
Lembramos o que nos dixo onte Amalia Goldar sobre os campamentos do mar: O Concello A Estrada dispón de 62 prazas e xa abriu o prazo!
🍔1h38´
Hoxe preguntamos polas hamburguesas de polo en Wild Burger. Sabes cantas hai?
Descóbreo ti mesmo participando no noso concurso e si gañas, poderás comer a que ti queiras!
Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina
nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)