#Destacadas:
👹
Xenerais da Ulla Seguimos coa rolda de chamadas ás parroquias que pertencen ó #entroidodaulla e hoxe tocoulle a #Reis Concello de Teo. #ToniMata díxonos que teñen dous días de festa, o sábado 22 e domingo 23, e que teñen todo preparado. Tamén nos dixo que o #DemoDeReis anda con moita ansia de saír á rúa.
🙋♀️
#ORuralEsquecido. Hoxe Merche Nodar Sanmartin falounos dos #lavadoiros e sobre todo do acto social, comunicativo, punto de encontro que supoñían para as mulleres que se atopaban alí lavando. Coñecedes algunha destas historias?
🎼
A Banda de Música Municipal da Estrada ten novas incorporacións á directiva e un calendario de #festivasis, #concursos e concertos ben intenso e interesante. Contóunolo todo o seu presidente Carlos Vinseiro Rodriguez
🤸♀️
A #concellería #SanidadeETurismo do Concello A Estrada celebra esta tarde, ás 18:39hrs., no #MOME, unha xornada sobre xuventude e novas adiccións e o deporte como escenario alternativo. Os dous ponentes serán os doutores en psicoloxía Antonio Rial Boubeta e Manuel Isorna Folgar, con que falamos uns minutos.
🍲A que famoso levaría a #comer o #cocido a taberna O Quinteiro?
Participa que mañán sorteamos xa o #penúltimo #CocidoX2 desta tempada.
Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)