Listen

Description

#Destacadas:
🤘8´
#MércoresDeTemazos onde soaron #ASFALTO, Van Morrison (Official), #SkaP Aretha Franklin...
🤾35´
A Estrada Deporte avisa que non hai entradas para asistir á #GalaDoDeporte e que ata o 27 está aberto o prazo para participar na #SanSilveira Bikestrada e na #SanSilvestre Concello A Estrada e o 24 teremos a #SanSilvestreAcuática.
David Carballo, ademais de dar conta da axenda deportiva desta semana, convidou tamén a Ezequiel Álvarez, coordinador das escolas de #balonmán, que arrancaron este curso e xa puideron formar equipo e están dispostos a competir.
🎸57´
Alejandro Ayude Sánchez fíxonos chegar o novo de #Sakanderani e nos, claro, #estreámolo aquí na #Galería. #EgypsyQueen é o seu título e a verdade é que está moi ben!
🎷64´
O obradoirocarlosbarruso de música moderna está de aniversario e celebrarano este venres con concerto no Teatro Principal A Estrada con máis de 40 persoas sobre o escenario entre instrumentistas e coro e vibrando con #swing, #jazz, #gospel... Falamos hoxe co seu director, Rubenservide Carballo
🌺96´
Só quedan dous días para o sorteo da última #plantadenadal agasallo de Javier de la Iglesia Arte floral e como dixo #Gerundina: "planta de nadal, Javier de la Iglesia Arte floral... ndal floral. Fixen un pareado sin "haberlo" preparado".

Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)