Listen

Description

#Destacadas:
🍷43´
Hoxe despedimos este 2024 con David Jg de Lugardelvino A Estrada e fixémolo, brindando! Explicounos a orixe deste xesto, o seu significado e motivo de que se faga "a lo grande" con cava ou champaña... e ademais, recomendounos La #CRUSSET d'Or #BrutNatureReserva D.O. #Cava
🎻69´
Tivemos a 3ª visita do #ConservatorioProfesionalMúsicaAEstrada Concello A Estrada. Desta volta coñecemos ás violinistas Celtia Bouzán e Catuxa López que viñeron acompañadas do seu profe Iván Novo. Elas forman parte da #OrquestaNenos da Sinfónica de Galicia, dirixida por Jorge Montes a quen tamén convidamos para falar desa agrupación, do estudio musical, das saídas profesionais... e como dixo o profe Iván: "... a música é unha boa compañeira de vida."
🌺97´
Só queda un día para o sorteo da #plantadenadal de Javier de la Iglesia Arte floral e polo tanto só tes unha oportunidade para ter o teu número para ter posibilidades.

Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)