Listen

Description

#Destacadas:
🚴9´
O sábado presentouse a nova edición de O Gran Camiño Cycling que chegará ó Concello A Estrada o xoves 27 de febreiro. Ricardo Terceiro estivo alí e fíxonos unha crónica da presentación.
👨‍🏫20´
#RelatosUrbanos. Ricardo Terceiro falounos hoxe do elemento decorativo máis antigo, rexistrado, que ten o Concello A Estrada e que logo de ubicarse na actual #PrazaDaFarola ou nos #XardínsMunicipais, está gardado no #museo #ReimóndezPortela agardando por nova ubicación. Un elemento decorativo moi fotografado ó longo da súa historia. Recoñécelo?
👩‍🏫45´
Lucía López Ferradáns preguntounos hoxe si estamos preparados, economicamente, para a xubilación. Insiste moito en que canto antes comecemos, mellor, e púxonos de exemplo as contas feitas dende un simulador on-line.
#EducaciónFinancieira Podes seguir a Lucía e o seu traballo dende Abundanthia e a súa web 👉 https://www.abundanthia.es/
👩‍🏫72´
Ana Maria Cores Meixus e Kim Llobet fixeron hoxe un repaso por todo o que precisamos saber dos nosos #dereitos, e tamén das nosas #obrigas, relacionadas coa época de #Rebaixas.
Asociación de Consumidores de A Estrada Asociación de amas de casa y consumidores Asociación de amas de casa y consumidores O Noso Lar
🍗105´
O protagonista do #debate de hoxe foi o #polo. A tí gústache no #cocido?
Participa e entra no sorteo dun #CocidoX2 en taberna O Quinteiro

Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)