#Destacadas:
🐴
Seguimos dando conta das parroquias dos Xenerais da Ulla:
👉11´
O domingo 23 a Asoc Cult Vello Dos Cornos, de #Merza, Concello de Vila de Cruces celebran o seu #entroido co #vellodoscornos, a #fiadeira, o #escribano, o #frade... e os #vivas, os #altos e os #atranques. Contóunolo a presidenta da asociación, Belen Guzman Perdigao
👉79´
O sábado 22 temos #entroido en #SanPedroDeVilanova, Concello de Vedra @Maricarmen Cutrin Porral e que teñen previsto tamén "invadir" #SantaCruzDeRibadulla cos seus #xenerais, o #corodebonito, a #parrandadevellos...
🥳37´
Radio Estrada 107.7 cumpre 30 anos e queremos contar coa túa presenza no programa do 1 de marzo no Teatro Principal A Estrada. Recolle os teus convites e alí nos vemos!
🍷50´
Lugardelvino A Estrada está a preparar unha cata para o venres 28 no seu local da rúa Ulla: #CataDeEntroido. Aínda quedan prazas así que non vos despistedes.
🌺66´
Iván García, do Concello de Vedra, contounos que celebran esta vindeira fin de semana as #XXIX #XornadasSobreACamelia con unha completísima programación. Tedes todos os horarios e inscripcións aquí
👉 https://www.concellodevedra.es/gl/content/xxix-xornadas-arredor-da-camelia
🐣93´
Abrimos a última lista para o último #CocidoX2 en taberna O Quinteiro e a pregunta de hoxe que fixo #Gerundina foi "... cal foi o último nacemento na vosa casa?"
Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)