Listen

Description

#Destacadas:
🏅21´ #homenaxe
Amalia Goldar contounos que o Concello A Estrada homenaxeará ó profesorado polo seu traballo e entrega no ámbito da educación. Será o martes no Teatro Principal A Estrada onde se recoñecerá esta labor a 7 docentes no ano da súa xubilación. A idea, ademais, é que este "Día do mestre" se celebre cada ano.
🪗37´ #música
A Escola Barbude celebrará o sábado 28 de xuño a 5ª edición do seu #FestivalMüsicaTradicional con pasarúas e concertos dende a mañán. É un dos eventos a destacar da programación das festas #SanPaio2025. Escoitamos a Jose Ramón Brea e Manuel Torrado Gañete
👩‍🏫47´ #DinamizaRural
Marisé García, coa que hoxe acabamos tempada, contounos que xa está activo o punto de recollida en #Guimarei, A Estrada, para donar bicis, patinetes, roupa deportiva para Recycling.
🏎63´ #rallimixsidra
Todo preparado para a nova edición do RallyMix da Sidra da Estrada: hoxe coas verificacións técnicas e mañán sábado co desenrolo total da proba, nunha sola xornada. Podedes seguir o ralli, en directo, dende a sintonía de Radio Estrada 107.7. Falamos co presidente da #EscuderíaSanPaio, Manuel Montoto Orrea que nos falou dos preparativos, seguridade, espectativas...
🔊80´ #festival
O Pub Sky A Estrada celebra esta tarde noite, no recinto do aparcamento do Teatro Principal A Estrada, o #SkyFest con 12 #Djs e xa máis de 500 entradas vendidas. Contóunolo Carlos Lopez Lopez
📽91´ #cinetv
E con Pedro Pérez acabamos a tempada 20. Si, levamos 20 anos con el falando do mundo do audiovisual: cine, series, tv... e hoxe acabamos moi ben: falando de cine con maiúsculas, falando dunha gran peli como é #Sirat, que, cando menos, recomendamos que a intentedes ver.

Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina
nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)