#Destacadas:
😅23´
#Gerundina empezou o programa preguntándose que fai Gonzalo Pérez Jácome como pregoeiro da festa do año ó espeto en Loimil🤘28´
O Concello A Estrada A Estrada Cultura porán en marcha o 1 de xuño o primeiro festival de pop-rock en Galicia para público infantil e familiar: #OsArrieiriños. Con Pakolas Uxía Lambona e a Banda Molona e Broken Peach. Presentouno o alcalde Gonzalo Louzao Dono que tamén nos dixo...
🤘39´
... que será do festival O son dos arrieiros?
🍷47´
Lugardelvino A Estrada Con David Jové falamos de innovación, tradición... #FeiraViñoValdeorras... e recomendación de #LuarDoSil, godello D.O. Valdeorras
🎺72´
A Banda de Música Municipal da Estrada porá en marcha o domingo ás 18hrs., o #FestivalDeBandas que nesta primeira edición homenaxeará ó músico Manuel Vilariño e contará coa participación da Banda De Música Vilatuxe a Banda de Música Cultural A Estrada e a Banda de Música Municipal da Estrada. Estivo con nos o presidente da agrupación Carlos Vinseiro Rodriguez
👶83´
Naceu Inés, (benvida!), e #Gerundina xa lle adicou a súa primeira canción para celebralo pero tamén para crearlle un vinculo emocional con Radio Estrada 107.7 e que nun futuro sexa oínte fiel da emisora.
🏖95´
Só queda un día para o sorteo doutro lote de rifas para optar á viaxe a #PuntaCana, 9 días e 7 noites, que sorterá a comisión #SanPaio25.
Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina
nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)