#Destacadas:
🤣28´ 67´ 95´
"En febreiro fai un frío que tembla o carneiro". #Gerundina veu hoxe co refraneiro popular debaixo do brazo, mais algún que cremos inventou ela.
🍇43´
Volveu David Jg e Lugardelvino A Estrada e con el falamos de #SanVicente, o patrón dos viticultores; das tendencias para este 2025 e das ideas para este ano tamén en Lugardelvino A Estrada
♻️80´
A suba do recibo do lixo no Concello A Estrada parece inevitable pero tamén temos que poñernos as pilas para reclicar máis e mellor e o primeiro paso faise na casa. Escoitamos o que contou o #concelleiro Oscar Duran para #ActualidadeMediodía
💃91´
Lembramos que a Asociación San Brais De Vinseiro este a buscar persoas que queiran participar nas clases de #baile de salón que ofren na tarde-noite dos martes.
🤣102´
#Gerundina anunciou a ampliación de negocio que están traballando xa en O Quinteiro:
🥮106´
Comezamos nova lista para o sorteo dun #CocidoX2 en taberna O Quinteiro e hoxe falamos dun postre riquísimo que ofrecen alí e que podedes ver na foto: #bandullo. E ti que, coñecíalo xa?
🎸Aproveitamos para anunciarvos que o xoves 30 de xaneiro, a vindeira semana, volve a música en directo ó programa. Estarán con nós a aula de #guitarra do #ConservatorioProfesionalMúsicaAEstrada
Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)