Listen

Description

#Destacadas:
🎵39´
A Banda de Música Municipal da Estrada, xunto coa agrupación portuguesa Canto D'aqui, volven participar este ano no #festival Convergências de intercambio cultural entre #Galicia e #Portugal. Será o sábado 8 en Município de Braga. Falamos con Álvaro Varela Ferradáns, director da agrupación estradense, que quedou de traernos cerámica ó peso, ou unhas toallas ou sábas.
👩‍🏫51´
Lembramos que dende a semana pasada, Marisé García, forma parte das colaboracións deste programa e, en esta ocasión, para informar e axudar a todas aquelas persoas que teñan dúbidas sobre catastro, montes, parcelarias... ou limpeza de parcelas de protección, que será o tema que abordemos o vindeiro venres 31.🥔77´
E a #pataca, que? Grande, enteira... ou pequena ou partida? Ti que prefires? Esta foi a pregunta que fixo hoxe #Gerundina no concurso da taberna O Quinteiro... e o vindeiro mércores, sorteo dun #CocidoX2.
📽98´
2ª xornada de #Panic #FestivalCineTerror Concello A Estrada. Hoxe coa estrea de #Heretic e coa proxección de 5 curtas que pasaron polo GFFF- Galician Freaky Film Festival. De feito, unha comitiva deste festival vigués, viran esta noite á proxección, como o seu director, Juan de Castro, con quen falamos uns minutos xunto con Pedro Pérez. 👉 http://www.panic.aestrada.gal/
🎸O xoves teremos música en directo co novo programa en colaboración co #ConservatorioProfesional Concello A Estrada #FundaciónCultural

Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)