Listen

Description

#Destacadas:
👏27´
A actriz e presentadora María Mera fará mañán, (13hrs., praza do Concello), o pregón das festas #SanPaio2025. Estivo con nós uns minutos para falar dese pregón, de #Matalobos, de #OSaborDasMargaridas, de #LigaDosCantantesExtraordinaios, de Lila... e do seu "paso" por Radio Estrada 107.7
🤣47´
#Gerundina dache indicacións de ubicación según a taberna que esté máis cerca. Como facemos todos e todas ó final.
💵59´
ACOE - Asociacion de Comerciantes de A Estrada xa ten gañadora da campaña dos #MIL€ que consiste en gastar 1.000€ xustos en 30 minutos xustos en 15 comercios. Contóunolo a xerente da asociación de comerciantes, Patricia Magariños.
😅69´
E a gañadora é Emi Miguéns Ramos que di estar un pouco nerviosa e reflexionando en como vai facer. Coñecerá os comercios apenas uns minutos antes e como ela dixo, "... as matemáticas dan a visitar un comercio cada 2 minutos... ". Sorte!
🩸81´
O xoves e venres pola mañán e pola tarde e o sábado pola mañá, n unha unidade móbil de doazón de sangue da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitará a vila da Estrada, e avisan que...
‼️... están baixas as reservas de sangue tipo A+ A- 0+ e B+ e urxe repoñelas.
👏Falamos coa directora da axencia e díxonos que o Concello A Estrada está 21 puntos por riba da media galega en doazón de sangue.
🤣91´
#Gerundina di que "... non teño tanta cabeza para acordarme de todo... "
🎠103´
Hoxe temos a #FestaDoNeno na praza do concello e mañán comezan as festas #SanPaio2025

Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina
nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)