#Destacadas:
🌭15´
Charo González Rosende contounos que teñen todo listo para celebrar mañán a 3ª Festa do Bolo Preñado no alto do castro en San Miguel de Castro, A Estrada, e que estamos a tempo aínda de achegarnos a probalos e disfrutar da festa
🤣32´
#Gerundina e as dificultades da comunicación.
🎼43´
Esta noite Luar na Lubre fará parada no Concello de Cerdedo-Cotobade coa súa xira de verán. Tivemos o pracer de falar unha vez máis con Bieito Romero que nos adiantou algo do novo disco e das celebracións dos 40 anos de historia do grupo.
1h04´
Minicines Central sortetou aquí en Radio Estrada 107.7, 3 camisetas para 3 das persoas que pasaron polas sesións de #ComoEntrenarATúDragón e ademais, aproveitamos para falar da situación do cine, da boa entrada que rexistran no verán… e ata #Gerundina lle preguntou a Luís Ribadulla si o cine tamén pensa na xente maior.
🤣1h32´
#Gerundina: “… si eu fora Novedades Carminha, a esta canción, #Verbena, poríalle a seguinte intro coa miña voz."
Picade no enlace para escoitala porque...
🍕1h41´
E a pizza de hoxe levouna María Jesús. A disfrutala!
Para a semana seguimos co concurso con Wild Burger e Mr. Pizza A Estrada
Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina
nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)