Listen

Description

#Destacadas:
📸15´
"#VIVA #OsXeneraisDaUlla é un foto-libro asinado por Javier Iglesias Ramos e Eutropio Rodríguez, con quen falamos hoxe para saber deste traballo que recorreo o #entroido da #Ulla e o seu personaxe principal, o #xeneral.
Presentarase o xoves ás 20hrs. na #CasaDasLetras Biblioteca Pública da Estrada.
🚶‍♀️38´
#ORuralEsquecido Temos novo destino a visitar: #Castrodiz, no Concello de Cerdedo-Cotobade. É a proposta que nos fixo hoxe Merche Nodar Sanmartin. Díxonos tamén que o castro identifícase perfectamente coa súa muralla, foxo... e dende onde podemos ver o mar.
🚵‍♀️60´
Mañá comeza O Gran Camiño Cycling e xoves, na 2ª etapa, chegará ó Concello A Estrada. Falamos hoxe co concelleiro de deportes A Estrada Deporte Jose Ismael Pena Villamor sobre o dispositivo de seguridade, dos cortes de tráfico, de horarios...
🍲88´
Estamos nos últimos momentos para entrar no último sorteo da tempada dun #CocidoX2 en taberna O Quinteiro así que, non vos despistedes que ademais #Gerundina está moi xenerosa.

Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)