Listen

Description

#Destacadas:
👮‍♀️
Mañán inaugúrase a 3ª edición de Sedexpo, Feira de #Seguridade #Defensa e #Emerxencias na Feira Internacional de Galicia ABANCA e hoxe convidamos ó seu rector, o estradense Luís Martínez Gavilán, que nos falou de tódalas propostas para público xeral como #simulacros, #exibicións, #charlas...
🚶‍♀️
#RuralEsquecido "Visitamos" hoxe a fábrica da lus en CODESEDA e unha posible ruta circular da que nos falou Merche Nodar Sanmartin e que inclúe a presa de #Leira.
Tamén nos fisemos eco polas queixas sobre a situación da ponte de #Abragán. Codeseda.com
🤣
#Gerundina quéixase publicamente da falta de atención que recibiu no #Piaf, no #Acrópolis e da #hamburguesería esa "de la que usted me habla".
Tamén busca ser #propietaria dos terreos que van ser #expropiados pola ampliación da autovía e si non o consigue vai crear unha plataforma que se chamará #AutovíaLosGüevos!
🎶
O venres teremos a Guadi Galego en concerto no Teatro Principal A Estrada. As entradas están xa á venda no departamento de A Estrada Cultura. Lembramos un anaco da conversa que tivemos con ela a pasada semana.
🍖
Seguimos co concurso no que estamos sorteando invitacións para a #IIFestaCostelarOuzande o 3 de maio.

Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina
nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)