Listen

Description

#Destacadas:
🪗10´
Convidamos a Juan Ruibal para que nos fale da súa participación, xunto a Christo Kirov, no #AcordeónSueñoDeVerano que se vai celebrar en MONACHIL e das actuacións de #LumeNaLareira
🎆23´
Regalamos as últimas entradas do xantar popular da Romaría de San Xorxe de Cereixo - A Estrada que se celebrará este domingo e foron para David e Manolo. Que o disfrutedes! E moitas grazas tamén a organización por confiar un ano máis en Radio Estrada 107.7
🎼41´
Estivo con nós Pepe Álvarez do #CoroLiceoVilagarcía xa que mañán traerán ó Teatro Principal A Estrada un concerto de #zarzuela con algunhas das pezas máis coñecidas da historia deste xénero.
🛋63´
Volta tamén Marta Alonso Tejada ó Teatro Principal A Estrada. Chamámola para falar uns minutos da función desta noite, ás 20:30hrs. Podremos disfrutar do seu espectáculo #Sofá no que comparte escenario con Pablo Reboleiro Rama.
As entradas están á venda no departamento de A Estrada Cultura Concello A Estrada
🥇76´
Nerea Pallares Vilar é a gañadora da 37ª edición do premio de novela #ManuelGarcíaBarros. Tamén a convidamos ó programa para felicitala, saber que estaba facendo cando recibiu a nova e que nos presentara tamén a obra gañadora. Parabéns de novo!
🎥91´
E Pedro Pérez convidou hoxe a Miriam Deschain e Rubén Di Groovie para que nos presentarán a súa nova curta #MenúDelDía que acaba de comezar o seu periplo por festivais e que hoxe Pedro xa nos adiantou que estará en #Panic2026

Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina
nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)