#Destacadas:
😓9´
Foise Emilio Cao. Faleceu onte ós 72 anos. Un dos músicos máis importantes en Galicia das últimas décadas. Dende aquí a nosa pequena homenaxe.
Tamén escoitamos a Guadi Galego que pechará as festas da #Ascensión o a Youssou Ndour que estará nas festas do #Apostol 🤣32´
Tivemos que facer un pequeno axuste técnico na nosa emisora e vortamos a emisión uns mintos e xusto nese momento, vivimos en directo unha auténtica locura radiofónica, un momento único, irrepetible, emotivo... fixemos historia da radio ou, como dixo #Gerundina, "historia humana".
🚶♀️39´
#ORuralEsquecido Coñecemos hoxe o Pazo de #Correáns, na parroquia de #Vinseiro. Un pazo pouco coñecido con unha fronte pouco común que pertence ó #barroco compostelán.
🤘67´
Hoxe convidamos a Pakolas Paco Pakolas Cerdeira xa que o domingo abrirá ás 18hrs. o festival #OsArrieiriños que pon en marcha o Concello A Estrada A Estrada Cultura, o prmieiro festival galego #poprock para público familiar. E ademais, con entrada gratuita!
🎡85´
En #Callobre non paran e este domingo teñen #XantarPrimavera e a #OsSatélites. O venres sortearemos dous convites para o xantar.
🏖99´
E tamén o venres, sortearemos un #feixe de rifas para optar á viaxe a #PuntaCana da comsión #SanPaio25
Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina
nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)