Listen

Description

#Destacadas:
🕺13´
Viñeron de novo dende a Asociación San Brais De Vinseiro para falarnos das clases de #baile e desta volta, Isabel Goldar Matalobos, veu acompañada da profe de baile, Elisa GR.
Xa sabedes, si queredes apuntarvos...
🤞39´
#ORuralEsquecido. Retomamos o capítulo de #doenzas e desta vez, Merche Nodar Sanmartin falounos da parte #esotérica: os amuletos, a #figa, a #castañadeindias... Ti sabes de algún?
🪡68´
Chamamos á #modista Susana Garcia Lorenzo Susana García Modista, unha das herdeiras do oficio de elaboración dos traxes dos #XeneraisDoUlla, para saber como está de traballo nestas semanas previas e tamén, porque acaban de concederlle o #selo de #ArtesaníaDeGalicia Fundación Pública Artesanía de Galicia
🤣66´
#Gerundina lembrounos o caso da #carpa do Bar Moncho que nun inverno de enchenta saíu do estanque, cruzou o bar, saíu á rúa e apareceu días despois a altura do #Rancho.
🐟95´
Hoxe preguntamos pola #lamprea xa que en O Quinteiro están de tempada e xa podemos facer a nosa reserva.
E mañán aínda podes participar para o sorteo do #CocidoX2. Anímate!

Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)