Listen

Description

#Destacadas:
🤘9´
#MércoresDeTemazos Soaron Franco Battiato Red Hot Chili Peppers Extremoduro (oficial)... e Daddy Yankee por que o Roi dixo "nhc" e claro... nhc?🤦
📖14´
#Dinamizaestrada os equipos de dinamización lingüistica de tódolos centros educativos da Estrada, celebran hoxe unha nova edición da #FestaDasPalabras, ás 20hrs. no Teatro Principal A Estrada. Susana Arins será a madriña, terán música en directo... contounos todolos detalles a profe @Mónica Mato Bustelo dende o Ies Avelina Valladares
🎡26´
Imos sortear dous convites para o xantar de primavera que organizan en #Callobre e despois, sobremesa coa orquesta #OsSatélites
🏀34´
A Estrada Deporte Esta fin de semana, o Concello A Estrada acollerá unha vez máis as finais autonómicas de #premimibasket e #minibasket, nas cales se darán cita máis de 500 deportistas con posibilidades de acudir as finais estatais.
David Carballo convidou a Darío Méndez, director deportivo da Federación Galega de Baloncesto para ampliar información.
🚗Este espazo de información deportiva da #Galería de Radio Estrada 107.7 está patrocinado por Talleres Elmacar S.L
🤘64´
O domingo 1 celebrarase o festival #poprock #OsArrieiriños e hoxe coñecemos un pouco máis a outra das propostas musicais: Uxía Lambona e a Banda Molona de Troula. Falamos con Laura De Gabriel Alberti e díxonos que teñen moitas gañas de vir a Estrada. Lembramos que a entrada e libre e gratuita A Estrada Cultura
🏖97´
E seguimos co concurso da comisión #SanPaio25. O venres sortearemos un #feixe de rifas para optar á viaxe a #PuntaCana.

Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina
nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)