Listen

Description

#Destacadas:
💡5´
Hoxe tocaba comentar o apagamento masivo do día de onte: ti como o levaches?
🤣29´
#Gerundina pasouno moi mal onte pero non foi polo apagamento xeral. Foi por outro moitivo que empeza por #mari e acaba por #sol.
🌦40´
#ORuralEsquecido Tiramos do refraneiro popular, dos ditos... e a Merche Nodar Sanmartin acordoulle o #CalendarioZaragozano e sobre todo #OMentireiroVerdadeiro, que é o que máis lle gusta.
🏃‍♀️66´
O Xesteiras CLUB De Montaña celebrará o domingo 11 de maio o #XITrailAndainaVilaDeCuntis con 5 distancias e un #pequetrail. Contounos Iago Abeledo, dende a organización, que as inscripcións rematarán o 7 de maio, aquí
👉 https://www.carreirasgalegas.com/events/xi-trail-e-andaina-de-cuntis/VomrnMm2
🤸‍♀️91´
O Club Ximnasia Estrada participou a pasada fin de semana no #CampeonatoGalegoXuntaDeGaliciaXimnaxiaTrampolín e contounos Sofia Mosteiro que trouxeron unha chea de medallas, copas e moita enerxía. Foilles tan ben que foron "bautizados" como a #MareaAzul. Parabéns!
En xuño teñen o campionato de España e prestaremos atención ó seu traballo.

Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina
nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)