#Destacadas:
👩🏫7´
Última actividade da #EscolaNaiEPais do IES Plurilingüe Antón Losada Dieguez, hoxe ás 19:30hrs. sobre "como axudar á rapazada a tomar decisións académicas". A relatora será a orientadora do propio centro Ana Parada Gañete.
👩🎤28´
Broken Peach tamén estará o domingo no festival #OsArrieiriños. Falamos con Lara Rodriguez Perez e díxonos que están preparadas para voltar a Estrada.
O festival comezará ás 18hrs. da tarde e ten entrada libre e gratuita.@Concello A Estrada A Estrada Cultura
👏43´
Chamamos a Marcos de Couso para felicitar ós Os John Deeres xa que onte gañaron nos Premios Martín Códax da Música. De feito falamos con el a poucos minutos de comezar concerto no Correlingua en Pontevedra.
Parabéns tamén a LOITA AMADA e a Banda de Música Municipal da Estrada polas súas nominacións.
🍷48´
Lugardelvino A Estrada Tivemos recomendación de #godello, o D.O. Ribeiro #MaríaMeréns e ademais, falamos con David Jové sobre "canto estamos dispostos a pagar por un viño".
👉Lembrade que a tenda de Lugardelvino A Estrada na rúa Ulla ten horario de tarde de luns a venres e os sábados pola mañán.
🎼#ConservatorioProfesionalMúsicaAEstrada Concello A Estrada Pechamos por este curso as visitas do #conservatorio estradense ós nosos estudios. Neste tempo coñecemos un pouco máis o funcionamento interno, as aulas e especialidades... ós profes e ó alumnado. Para despedir viñeron hoxe por aquí...
🎵63´
... en primeiro lugar o profe de música e movemento Ángel Vidal Cortizo con 6 alumnos que ademais tocaron en directo: Xián, Martín, Mateo, Pablo, Mariña e Mateo.
🎺86´
... e logo coñecemos ós profes de vento metal, (tombón, tuba, bombardino, trompeta... ), Pablo Emilio Santaclara Ríos, Nicolás Leiro Álvarez e Victor Manuel Vilariño que viñeron acompañados tamén de 3 alumnos que tamén tocaron en directo: Lía, Xiana e Mateo.
Moitas grazas a todas e todos!
Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina
nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)